Rede XIANA

... se son unha empresa

Se tes unha empresa tes moito que ver con RedeXiana2.

En primeiro lugar, podes colaborar con nós facilitando prácticas non laborais ao noso alumnado. Esto permitirache contar cunha bolsa de persoal experimentado e coñecedor do teu sector e actividade para as túas futuras demandas de postos de traballo.

Asinando un sinxelo acordo de colaboración poderás participar activamente no proxecto sen custo para a túa empresa.

O Proxecto RedeXiana2 cubre todos os gastos:así, o alumnado durante a fase de capacitación e formación obtén os carnes profesionais válidos que correspondan e estean relacionados coa formación adquirida, recibe información e formación en Prevención de Riscos Laborais, está cuberto cunha póliza de seguro de responsabilidade civil e de accidentes durante todo o período de formación e prácticas non laborais, realiza voluntariamente un exame de saúde previo á incorporación á empresa e de acordo aos valores de control necesarios para o sector e a actividade correspondente, leva o Equipo de Protección Individual (EPI) obrigatorio segundo o sector e actividade, así como diverso material. Ademais, durante toda esta fase de formación práctica recibe apoio permanente dos equipos de titorización do proxecto.

Podes colaborar de moitas outras formas:  Facilitando ao alumnado participante visitas didácticas á tua empresa e as súas instalacións; amosándolles unha determinada liña de producción; visitando obras ou servicios que estades xestionando; que alguén do teu persoal participe en charlas acerca do desenvolvemento da actividade empresarial: cómo seleccionades o persoal, que formación e coñecementos esixides, manexo de cadeas de producción ou determinada maquinaria,... RedeXiana2 está aberto a túa colaboración!

Selecciona e escolle ao Perfíl Profesional

Selecciona e escolle ó Perfíl Profesional

Ademais, poderás desfrutar dos recursos que RedeXiana2 pon a túa disposición como son:
  • Acceso á nosa base de datos de perfís profesionais: Grazas a este recurso poderás saber quen está cualificado no teu territorio para levar a cabo a túa actividade.
  • Acceso a guías de sensibilización empresarial en diversos eidos: medioambiental, igualdade de xénero
  • Acceso e libre disposición ao noso visor estadístico: unha excelente ferramenta que permite facer proxeccións de evolución socio económica futura nos concellos da provincia.
  • No noso novo espazo virtual de Networking poderás atopar outras empresas e establecer contactos para ampliar ou crear novas relacións empresariais, así como compartir a tua experiencia no empresariado con outras persoas que empezan a súa actividade.
Entra no noso Foro Networking

Entra no noso Foro Networking

Ademáis, colaborar con RedeXiana2 ten moitas outras vantaxes:

  • Visibilidade da túa empresa na nosa web a través de  diversas vías: elaboración de noticias sobre a empresa, á que se adica, que  especialidades ten, dificultade ou relevancia da súa actividade, publicación dalgúns dos fitos ou eventos máis destacados, etc.
  • Enlaces dende a web oficial de RedeXiana2 á páxina web da túa empresa.
  • A túa actividade como colaboradora de RedeXiana2 beneficiará a túa propia actividade empresarial coa posibilidade de mellorar as condicións da organización interna así como as repercusiones e alcances da túa actuación externa, xa que participas en accións de caracter social, contribúes ao desenvolvemento socio-económico local, amosas compromiso coa comunidade, formas parte do contexto social e contribúes ao seu cambio, pos en marcha unha nova forma de relación entre a túa empresa e os teus clientes. Convírteste en xeneradora de rentabilidade económica e social, terás unha marca de diferencia no teu sector sen desvirtuar o teu labor e os esforzos que realizas.
  • Facilitación de información e asesoramento en relación ás políticas de integración socio-laboral postas en marcha polo propio proxecto, e as políticas sociais e empresariais da Unión Europea.

 

© rede XIANA 2009 |  aviso legal