Rede XIANA

Rede Técnica Municipal

Consulta o noso mapa interactivo

Consulta o noso mapa interactivo

A base do proxecto é a colaboración e coordinación de todos os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que xunto coa Deputación da Coruña conforman unha rede de traballo intraprovincial, un traballo conxunto desenvolvido dende o ano 2001 xunto cos outros axentes económicos, políticos e sociais da provincia.

Este traballo en rede resultou fundamental para o desenvolvemento de políticas adaptadas ás necesidades do medio rural e centradas na atención á poboación en situación de desemprego, co obxecto de incrementar as súas posibilidades de inserción laboral e mellorar a súa calidade de vida.

RedeXiana2 supón un paso mais nesta estratexia conxunta en prol do fomento do emprego, xa que se sustenta nun Pacto Provincial pólo Fomento do Emprego Responsable na provincia da Coruña no que participan xunto coa entidade provincial e os concellos, a Unión Xeral de Traballadores (UXT), Comisións Obreiras (CC.OO), Confederación Intersindical Galega (CIG), Confederación de Empresarios de A Coruña (CEC), Fundación Mujeres, a Universidade da Coruña (UDC) e a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Este pacto pretende darlle unha nova dimensión á rede de traballo xa creada a nivel provincial, incluíndo novos actores fundamentais para a consecución destes obxectivos e converterse nun referente institucional e a base dunha política activa de desenvolvemento local e a creación de emprego estable e de calidade nos concellos da provincia, que permita a construción de bases sólidas de crecemento sostible e cohesión social.

Resultados por páxina  Páxina 1 de 19 seguinte

© rede XIANA 2009 |  aviso legal