Rede XIANA

Actualidade

atrás

06.08.2015

Comeza o curso de Horticultura e Floricultura en Cerdido

18 persoas desempregadas dos concellos de Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño, Valdoviño, Neda e Narón comezan o luns 10 de agosto a fase de formación teórica

A acción formativa desenvolverase na Casa da Cultura de Cerdido, con prácticas exteriores nas instalacións de HORTICINA S.A.Unha vez rematadas as 600 horas de teoría, as persoas participantes terán acceso ao programa de prácticas profesionais non laborais, xestionadas pola Deputación da Coruña.

O obxectivo é capacitar a estas persoas para o desenvolvemento de actividades productivas do subsector agrícola: explotacións hortícolas comerciais, explotacións comerciais de flor cortada, institucións de investigación e experimentación en horticultura e flor cortada e empresas de suministros agrarios.

Así, con esta formación increméntanse as súas posibilidades de acceso a ocupacións ou postos de traballo tales coma:
-Floricultor/a.
-Horticultor/a.
-Traballador/a de hortas, viveiros e xardíns, en xeral. -Traballador/a na produción de plantas hortícola.
-Traballador/a en viveiros, en xeral.
-Viveirista.
-Traballador/a do cultivo de plantas para flor cortada.
-Manipulador/a de frutas e hortalizas.
-Aplicador de praguicidas.

Ademáis da formación propiamente dita, o alumnado contará cunha orientación laboral persoalizada acorde ás súas necesidades e posibilidades de inserción laboral.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal