Rede XIANA

Actualidade

atrás

14.07.2015

Aberto o prazo de inscrición para participar no curso de Horticultura e Floricultura que se vai a realizar en Cerdido

Poden participar persoas desempregadas da provincia que cumpran cos requisitos de acceso

A acción formativa dará comezo no mes de agosto, sempre que se acade o número mínimo de participantes. Ten unha duración total de de 800 horas (600 horas de formación teórica e 200 horas de prácticas profesionais non laborais).

A formación teórica desenvolverase na Casa da Cultura de Cerdido e as prácticas durante a teórica desenvolveranse nas instalación de HORTICINA S.A grazas á colaboración entre a empresa e o concello.

Por outro lado, a Deputación da Coruña ten previsto asinar un acordo de colaboración con HORTICINA para o desenvolvemento das 200 horas de prácticas profesionais non laborais ás que terán acceso aquelas persoas que rematen as 600 horas de formación teórica do curso.

Esta acción formativa supón unha interesante oportunidade de formación e de inserción para as persoas  desempregadas que estén interesadas neste sector, posto que a produtora de arándanos estase a converter nun importante axente empregador na zona en diferentes actividades ademáis da produtiva xa que se está a desenvolver tamén como centro loxístico para o envasado e distribución da produción.

O prazo está aberto ata o 24 de xullo. As persoas interesadas deberán acudir ás áreas de emprego ou servizos sociais do concello no que estén empadroadas e alí recibirá información ao detalle da acción formativa, requisitos de acceso e documentación a entregar.

Máis información en:

Proxecto RedeXiana2 Deputación da Coruña
981 080 506
981 080 507
981 080 508
redexiana2@dicoruna.es

© rede XIANA 2009 |  aviso legal