Rede XIANA

Actualidade

atrás

10.07.2015

Continúan as inauguracións de accións formativas do proxecto RedeXiana2

O próximo luns día 13 de xullo ás 9 da mañá en Trazo e Carballo

As instalacións do Fórum en Carballo acollerán a acción formativa de Montaxe e Mantemento de Bens de Equipo e Maquinaria (UC 1263), e no Centro Social Polivalente do concello de Trazo desenvolverase a segunda edición da especialidade de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais.

En cada unha participan 18 persoas desempregadas que buscan con esta formaciónmellorara as súas oportunidades de inserción laboral en sectores con futuro no ámbito local.

Os alcaldes de Trazo e Carballo, José Dafonte Varela e Evencio Ferrero Rodríguez respectivamente, acollerán ás persoas participantes, xunto con persoal técnico da Deputación da Coruña e dos concellos da zona e o equipo docente e de orientación.

As persoas que rematen de xeito satisfactorio a formación teórica, poderán participar no programa de prácticas profesionais non laborais grazas aos acordos de colaboración previstos entre a entidade provincial e  empresas da provincia de sectores relacionados coa formación impartida.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal