Rede XIANA

Actualidade

atrás

03.07.2015

A Deputación da Coruña a través do proxecto RedeXiana2, formará en Cerdido na área sociosanitaria, a 18 mulleres desempregadas de concellos das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal

O curso inaugúrase o próximo luns 6 de xullo ás 9 da mañá en Cerdido, e asisitirán Benigno Galego Castro, alcalde de Cerdido, Diego Rodríguez Piñón, persoa responsable do proxecto en Cerdido e persoal do equipo técnico do proxecto da Deputación.

A entidade provincial continúa así na liña da formación de calidade e promoción da profesionalidade no sector sociosanitario na provincia, iniciada na última década e apoiada coa financiación do Fondo Social Europeo.

As instalacións da Escola da Avispeira do concello de Cerdido acollerán a estas 18 alumnas que a través da formación recibida poderán obter ó certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais, na área profesional de atención social.

600 horas de formación teórico- práctica que inclúe un programa de 200 horas de prácticas non profesionais en entidades e empresas do sector, coas que o concello de Cerdido xa iniciou contactos e coas que a Deputación asinará un acordo de colaboración.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal