Rede XIANA

Actualidade

atrás

02.03.2015

O proxecto continúa co seu programa formativo en Pontedeume, Ames e Muxía

Poñense en marcha nestes concellos tres especialidades formativas na áreas de electricidade e fabricación mecánica.

En Ames e Muxía as accións formativas enmarcadas ambas as dúas na familia profesional de electricidade e electrónica, están asociadadas a certificados de profesionalidade. Así en Muxía impártese a unidade de competencia de Operacións Auxiliares de Montaxe de Instalacións Electrotécnicas Domóticas en Edificios, e en Ames, impártese o certificado completo en Operacións Auxiliares de Montaxe de Redes Eléctricas.

No caso de Pontedeume impártese o curso de Montaxe e Posta en Marcha de Bens de Equipo e Maquinaria Industrial, da familia profesional de fabricación mecánica.

 

Ao remate da formación teórica_práctica en aula_taller, o  alumnado das distintas accións formativas realizará prácticas profesionais non laborais en empresas deses sectores coas que previamente a Deputación da Coruña asinará un acordo de colaboración.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal