Rede XIANA

Actualidade

atrás

19.12.2014

Remata a formación teórica en Muxía

Onte rematou a parte teórica do curso de Operacións Auxiliares de Montaxe de Redes Eléctricas de Muxía.

A formación desenvolveuse no Edificio de Servizos Múltiples entre o 3 de novembro e o 18 de decembro e consisitiu na impartición das dúas unidades de competencia que conforman o certificado de profesionalidade ELEE0108 Operacións Auxiliares de Montaxe de Redes Eléctricas, regulado polo Real Decreto 1214/2009 de 17 de xullo.

Os módulos formativos impartidos foron os seguintes:

MF0818_1: Operacións de montaxe de apoios en redes eléctricas aéreas.
MF0819_1: Operacións de tendido e tensado de conductores en redes eléctricas aéreas e subterráneas.

O 19 de xaneiro do vindeiro ano comenzará a fase de formación práctica en diferentes entidades e empresas da provincia da Coruña.O alumnado que remate axeitadamente esta última fase, poderá obter o certificado de profesionalidade correspondente e  estará capacitado para desempeñar ocupacións ou postos de traballo relacionados con:

-Axudante de instalador de liñas eléctricas.
-Axudante de montador de liñas.
-Operario de instalacións eléctricas de baixa tensión.
-Peón da industria de produción e distribución de enerxía eléctrica.
.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal