Rede XIANA

Actualidade

atrás

10.12.2014

A RED RETOS seleccionada pola Comisión como unha das mellores prácticas europeas en responsabilidade social

A Deputación da Coruña participa dende o ano 2008 nesta Rede de Territorios Socialmente Responsables xunto con outras entidades a nivel nacional.

Retos está liderada polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social e integrada por territorios locais tanto municipios, como consorcios e provincias, entre as que destacan as deputacións de Almería, Barcelona, Málaga e Granada.

A súa misión é artellar, integrar e implementar distintas estratexias para o desenvolvemento de Territorios Socialmente Responsables que melloren a calidade de vida dos seus habitantes.

A rede foi seleccionada pola Comisión de entre as 25 propostas presentadas por España como unha das mellores prácticas en responsabilidade social da Unión Europea e incluida no Compendio 2014 sobre políticas públicas nacionais da Unión Europea en materia de Responsabilidade Social Empresarial.

Este compendio é o resultado de sete exames homólogos sobre Responsabilidade Scoial Empresarial levados a cabo en 2013 entre os ministerios dos Estados membros da UE e proporciona información actualizada acerca das medidas adoptadas por éstes dende a publicación da Comunicación de 2011 sobre RSE. 

© rede XIANA 2009 |  aviso legal