Rede XIANA

Actualidade

atrás

05.11.2014

RedeXiana2 mostra os resultados das accións do Observatorio Socioeconómico

O observatorio socioeconómico do proxecto promovido pola Deputación da Coruña e realizado pola Universidade da Coruña analizou a información nunha mostra estatística dos municipios adheridos ao proxecto.

O obxectivo do Observatorio RedeXiana2 é converterse nunha ferramenta de análise útil para os procesos de diagnóstico e planificación no ámbito económico e socio-laboral, facilitando indicadores de evolución do contexto municipal ós equipos técnicos que traballan no desenvolvemento local ou a calquera outra persoa  interesada na informacioón e nos datos que se manexan, fomentando deste xeito unha administración transparente e útil para a cidadanía.

O observatorio socioeconómico comprende o estudo sobre educación e a empregabilidade, promedios de escolarización actividade e ocupación, modalidades contractuais, salarios, actuacións de fomento do emprego, da formación e o desenvolvemento local que poden permitir detectar os cambios socioeconómicos na contorna do mercado de traballo a nivel provincial.

Este traballo supón ademais unha contribución as decisións da Deputación da Coruña na mellora da situación socioeconómica da cidadanía da provincia.

Para ler o estudo pincha aquí ou accede a través do banner "Observatorio socioeconómico"

Se precisas información mais completa podes solicitala a través do correo redexiana2@dicoruna.es

© rede XIANA 2009 |  aviso legal