Rede XIANA

Actualidade

atrás

05.11.2014

Xa están en marcha os cursos de Ames, Muxía e Oroso

Dende o luns 3 de novembro estanse a impartir nestes concellos accións formativas relacionadas coas áreas profesionais de instalacións electrotécnicas, redes eléctricas e fomento do autoemprego respectivamente.

En Ames e Muxía as accións formativas, enmarcadas ambas as dúas na familia profesional de electricidade e electrónica están asociadadas a certificados de profesionalidade, así en Ames estase a impartir a unidade de competencia de Operacións de Montaxe de Instalacións Eléctricas de Baixa Tensión e Domoticas en Edificios e en Muxía, impártese o certificado completo en Operacións Auxiliares de Montaxe de Redes Eléctricas.

Para ambos cursos o prazo de inscrición continúa aberto ata o venres 7 de novembro.

En Oroso o curso Creación e Xestión de Empresas: Autoemprego vai dirixido a facilitar o proceso de emprendeduría das persoas participantes para completar aqueles aspectos críticos para o éxito empresarial e dar a coñecer ao alumnado as distintas áreas da xestión empresarial.

 

Para a curso de Creación de Empresas o prazo de inscrición tamén está aberto ata o venres 7 de novembro.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal