Rede XIANA

Actualidade

atrás

28.10.2014

RedeXiana2 no XVI Congreso Internacional de Formación para o Traballo

A estructura en rede do proxecto RedeXiana2 e a súa configuración en Itinerarios de Inserción Laboral foron punto de debate e referencia de boa práctica na mesa redonda "Relevancia da qualificação/incentivos ao emprego no Norte de Portugal/Galiza".

O XVI Congreso Internacional de Formación para o Traballo Norte de Portugal/Galicia, desenvolvido os pasados 16 e 17 de outubro en Porto, centrouse na importancia do traballo como recurso para o desenvolvemento das persoas expoñendo os diferentes recursos que hoxe en día permiten a adquisición de aprendizaxes e competencias para o seu desempeño.

Ó longo das dúas xornadas de traballo desenvolvéronse conferencias, mesas debate, obradoiros e comunicacións arredor da conveniencia de por en marcha novas formas de emprego, a través de procesos articulados coas necesidades do mercado laboral e os diferentes axentes que nel interveñen, os cambios nos contextos de formación e traballo e as novas formas de contratación laboral, así como a cualificación dos formadores/traballadores responsables desas intervencións.

 

© rede XIANA 2009 |  aviso legal