Rede XIANA

Actualidade

atrás

21.10.2014

Fin das prácticas para o alumnado do curso de Pontedeume

Está a piques de finalizar a formación práctica para os alumnos que remataron a teórica da acción formativa de Montaxe e Mantemento de Bens de Equipo e Maquinaria Industrial no Centro de Formación do Concello de Pontedeume, FOREMDES.

As  prácticas realízanse en empresas e entidades da provincia de sectores de actividade relacionados coa formación recibida e formalízanse a través dun Acordo de Colaboración entre a Deputación da Coruña e as empresas.

Para esta especialidade 6 empresas asinaron o acordo, Rilo Maquinaria SL, Rilo Dopico SL, Permuy Electricidad, Grupo Amil, Moinca Ferrol SC e Galkobe Electrics SL, pasando a formar parte da Rede de Empresas Colaboradoras polo Emprego na Provincia do proxecto RedeXiana2.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal