Rede XIANA

Actualidade

atrás

20.10.2014

Acreditación de instalacións municipais para o desenvolvemento de cursos do proxecto RedeXiana2

A Dirección Xeral de Emprego e Formación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, vén de acreditar instalacións dos concellos de San Sadurniño, Ames e Muxía para a realización de accións formativas no marco do proxecto RedeXiana2.

As sedes acreditadas e os cursos a impartir en cada unha delas son as seguintes:

Concello

Instalación

Acción Formativa

Horas

 

San Sadurniño

Casa da Cultura

Avda. Marqués de Figueroa, 13

15560 San Sadurniño

Actividades Auxiliares en Agricultura

250

 

Ames

Centro de Formación

Rúa Costaneira, Aldea Nova

15220 Ames

Operacións Axiliares de Montaxe de Instalacións Electrotécnicas e Domóticas

 

 

 

Operacións Auxiliares de Montaxe de Redes Eléctricas

420

 

Muxía

Edificio de Servizos Múltiples

Praza Camposa, 2

15124 Muxía

Operacións Axiliares de Montaxe de Instalacións Electrotécnicas e de Telecomunicacións en Edificios

250

 

 

Operacións Auxiliares de Montaxe de Redes Eléctricas

420

       

 

Máis de 1.300 horas de formación teóricas e prácticas homologadas pola Consellería de Traballo e Benestar en virtude do convenio asinado entre ésta e a Deputación da Coruña no marco do proxecto RedeXiana2, que se desenvolverán no próximos meses e que contribuirán a incrementar a empregabilidade das persoas beneficiarias e  mellorar a súa capacitación para desenvolvemento dunha actividade laboral.

O pasado 13 de outubro comezou o curso de San Sadurniño coa participación de 18 persoas desempregadas  dos concellos de Ares, Narón, Neda, San Sadurniño e Valdoviño e está previsto que a partires da segunda quincena de outubro se poñan tamén en marcha as outras especialidades.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal