Rede XIANA

Actualidade

atrás

15.07.2014

Comeza en Rois o curso de Autoemprego

15 persoas desempregadas dos concellos de Rois, Dodro, Padrón e Boiro participan dende onte no curso de Creación de Empresas: Autoemprego que se está a impartir no Edificio de Usos Múltiples de Rois.

 
O obxectivo é facilitar o proceso de emprendeduría das persoas participantes para completar as súas condicións de partida en aqueles aspectos críticos para o éxito empresarial, a través de dinámicas persoales de entendemento e colaboración así coma xerar o clima e condición que permitan o afloramento de proxectos ou ideas explotables profesional ou empresarialmente, acordes coa realidade económica local.

O curso forma parte dun programa formativo especializado no marco do proxecto RedeXiana2  dirixido a dar a coñecer ao alumnado as distintas áreas da xestión empresarial, o que lle permitirá desenvolver e controlar a súa propia empresa da maneira máis eficiente, acadando un estimado grao de  especialización que lle facilitará a búsqueda e desenvolvemento de novas oportunidades de negocio. 

Todos os esforzos durante as 400 horas de formación teórica e práctica que se van impartir estarán centrados en concienciar e sensibilizar ás persoas beneficiarias na oportunidade que supón o autoemprego como unha boa opción para confeccionar o seu propio futuro laboral, incentivando a xeración de ideas de negocio innovadoras, viables e con perspectivas reais de acadar a súa propia inserción no mundo laboral e incluso crear emprego.

Na anualidade 2013 xa se realizou en Cedeira unha edición deste curso e está prevista tamén outra en Oroso.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal