Rede XIANA

Actualidade

atrás

29.01.2014

III Xornadas Iberoamericanas de RRHH e RSC da Universidade da Coruña

O Campus de Ferrol acolle estas xornadas os días 4,5,6 de febreiro, na Facultade de Ciencias do Traballo.

Trátase de xornadas de carácter solidario abertas ao público en xeral e en particular a todos aquelas persoas interesadas nos temas relacionados coas persoas e a Responsabilidade Social.

Esta terceira edición céntrase en catro grandes bloques temáticos:

1. A inmigración e a diversidade.
2. As persoas e a Responsabilidade Social.
3. O turismo e o emprendemento.
4. Cáncer e o ámbito laboral.

A clausura das xornadas será o 7 de febreiro no Hotel Balneario de Guitiriz en Lugo.

Pode descargarse o programa no seguinte enlace:
https://sites.google.com/site/jornadasrrhhyrsc/3-jornadas/programa

Para inscrición:
https://sites.google.com/site/jornadasrrhhyrsc/3-jornadas/inscripcion

© rede XIANA 2009 |  aviso legal