Rede XIANA

Actualidade

atrás

14.11.2013

Inicio das prácticas da fase de formación específica do proxecto

O alumnado do curso de Instalacións Eléctricas de Baixa Tensión de Ames comeza hoxe as prácticas en empresas e entidades do sector eléctrico da provincia da Coruña e Pontevedra.


O concello de Ames e 8 empresas da rama da electricidade asinaron acordos de colaboración coa Deputación da Coruña para que as 16 persoas do curso que se imparte no Centro de Formación Rúa Costaneira- Aldea Nova de Ames realicen prácticas nos seus centros de traballo. 
Grazas a esta colaboración entre o sector público e privado as persoas que finalizaron a formación teórica terán unha oportunidade de poñer en práctica os coñecementos teóricos adquiridos e evidenciar as competencias adquiridas en procesos productivos concretos e situacións laborais reais.
100 horas de prácticas que ademáis son necesarias para completar o curso e obter o certificado de profesionalidade correspondente ás 350 horas totais de formación.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal