Rede XIANA

Actualidade

atrás

23.10.2013

Muxía acredita as súas instalacións para o curso de Montaxe e Mantemento de Instalacións Eléctricas de Baixa Tensión

Muxía é o segundo concello despois de Ames que obtén acreditación por parte da Consellería de Traballo e Benestar para o curso de Montaxe e Mantemento de Instalacións Eléctricas de Baixa Tensión a través do proxecto RedeXiana2

A Dirección Xeral de Emprego e Formación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia vén de acreditar con data 14 de outubro, as instalacións do Edificio de Servizos Múltiples do concello de Muxía para a impartición no marco de RedeXiana2 da acción formativa de Montaxe e Mantemento de Instalacións Eléctricas de Baixa Tensión.


O concello non contaba ata o de agora con acreditación para esta especialidade de maneira que esta concesión permitirá ás persoas desempregadas dos concellos de Muxía, Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Laxe, Zas e Vimianzo que asisten ao curso, obter a través do proxecto  unha formación que acredite de xeito oficial a súa capacitación para o desenvolvemento dunha actividade laboral e que mellore as súas condicións de acceso ao mercado de traballo.


Este proceso foi posible ao abeiro do Convenio de Colaboración asinado o 20 de setembro de 2012 entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña para a acreditación da formación impartida no proxecto RedeXiana2.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal