Rede XIANA

Actualidade

atrás

06.09.2013

Inauguración da fase de formación específica 2013-2014 do proxecto RedeXiana2

O próximo Luns 9 de setembro da comezo no concello de Ames, a primeira edición da formación específica que se pon en marcha das 45 previstas para toda a provincia.

Esta nova fase do proxecto abrese co inicio o luns do curso de Montaxe e Mantemento de Instalacións Eléctricas de Baixa Tensión no concello de Ames.

A importancia desta fase radica non só na adquisión de coñecementos a nivel teórico senón tamén na oportunidade de práctica profesional que supón a realización de prácticas non laborais en entidades e empresas da provincia coas que a entidade provincial mantén acordos de colaboración.

Á acción formativa asisten 18 persoas desempregadas dos concellos de
Ames, Vedra, Teo, A Baña, Brión, Boqueixón e Touro que poderán obter o certificado de profesionalidad correspondente unha vez finalizada a formación.

Ames é o primeiro concello que obtivo a través do proxecto a acreditación provisional das súas instalacións para o desenvolvemento de accións de formación profesional para o emprego, en virtude do convenio de colaboración asinado entre al Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

Con motivo da inauguración desta nova etapa do proxecto está previsto un acto no que o presidente da entidade provincial xunto con alcaldes e persoal técnico do proxecto animarán ás persoas participantes a completar os itinerarios de inserción diseñados dende o proxecto e que lle facilitarán o acceso ao mercado laboral.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal