Rede XIANA

Actualidade

atrás

06.08.2013

Comeza a primeira fase de acreditación provisional de centros e instalacións municipais

Persoal técnico do proxecto e da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, inician as visitas a distintos concellos para a verificación das instalacións nas que se vai desenvolver a formación

 

Este procedemento de acreditación forma parte do proceso de homologación das accións formativas que se van a impartir no marco do proxecto RedeXiana2 e para as que a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña asinaron un convenio de colaboración que permitirá a expedición do correspondente certificado de profesionalidade nesas accións conveniadas.

Ata o momento visitáronse as instalacions propostas polos concellos de Ames e Muros os días 30 e 31 de xullo respectivamente.

Nestes concellos impartiranse accións formativas da área de Enerxías Renovables, iniciando o itinerario completo en Ames con Montaxe e Mantemento de Instalacións Eléctricas de Baixa Tensión e no caso de Muros continuando despois con Operacións Auxiliares de Montaxe de Instalacións Electrotécnicas e de Comunicación en Edificios.

Ningún dos centros nos que se ubican as instalacións conta con acreditación anterior para estas especialidades formativas polo que a obtención da mesma permitirá ás persoas desempregadas destas zonas obter unha formación acreditada que mellore as súas condicións de acceso ao mercado laboral.

 

© rede XIANA 2009 |  aviso legal