Rede XIANA

Actualidade

atrás

16.07.2013

Alta porcentaxe de aprobados do alumnado do proxecto RedeXiana2 nas Probas de Avaliacion de Competencias Clave da Xunta de Galicia.

Aprobou o 87,77% do alumnado que se presentou ás probas convocadas pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

Como parte dos itinerarios de inserción laboral do proxecto, persoas desempregadas e sen a formación adecuada para acceder a certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, tiveron a oportunidade de adquirila dentro da fase de preformación dos itinerarios de RedeXiana2.

Con este fin desenvolvéronse 12 accións formativas de Apoio e Preparación ás Competencias Clave cunha duración total de 60 horas, nas áreas de Ciencia, Dixital, Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas e Tecnoloxía.

Esta preparación foi clave para que o 87,77% das persoas que se presentaron ás probas, acadase superalas e adquirir así os requisitos formativos que acreditan que posúen os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento a formación correspondente aos novos certificados de nivel 2 e 3 e incrementar as súas posibilidades de inserción ao dispoñer dunha acreditación oficial con significación para un emprego de calidade.

O maior índice de aprobados rexistrouse entre o alumnado da Zonas 5 (97,62%)  e Zona 6 (97,92%) que acudiron ás sedes de Betanzos e Carballo respectivamente para recibir a formación.

En canto ás competencias, as que amosaron mellores resultados foron as da área Dixital (92,21%) e a de Lingua Castelá (89,68%)

© rede XIANA 2009 |  aviso legal