Rede XIANA

Actualidade

atrás

27.05.2013

Comezan en 12 concellos da provincia os cursos de Apoio á Preparación das probas de Competencias Clave do proxecto RedeXiana2

Dende hoxe e ata o 17 de xuño concellos da provincia que participan no proxecto, desenvolverán os cursos de Apoio á preparación das probas de Competencias Clave convocadas pola Consellería de Traballo e Benestar.

Os concellos de Mañón, Ares, Cabanas, Miño, Betanzos, Carballo, Ordes, Toques, Ames, Rois, Negreira, e Camariñas son nos que se van a impartir un total de 720 horas de formación para apoiar ás persoas desempregadas que participan nos Itinerarios de Inserción Laboral do proxecto, a preparar as probas de avaliación en competencias clave nas que previamente realizaron a inscrición na Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

A superación destas probas permitiralles acreditar que posúen os requisitos formativos que lles proporcionarán o acceso á formación correspondente aos novos certificados de profesionalidade.

Estas accións enmárcanse na fase de Preformación dos distintos itinerarios do proxecto, que inclúen ademáis da formación específica en diferentes áreas, prácticas en empresas e asesoramento para a inserción das persoas participantes.

O obxectivo final consiste en mellorar a capacitación e formación das persoas desempregadas participantyes no proxecto como base para incrementar as súas oportunidades profesionais e laborais.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal