Rede XIANA

Actualidade

atrás

24.04.2013

Competencias Clave para o acceso aos novos certificados de profesionalidade

A Consellería de Traballo e Benestar abre a convocatoria para as probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3

A convocatoria foi publicada o pasado 19 de abril no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 76 do 2013).

O modelo de solicitude a cubrir para participar neste proceso, está dipoñible na Guía de Procedementos e Servizos da Xunta de Galicia, e tamén na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar http://traballoebenestar.xunta.es/

As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes de forma presencial preferentemente no Rexistro da Consellería de Traballo e Benestar ou na oficina de Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano.

A publicación da lista definitiva de admitidos está prevista para o 14 de xuño e a realización das probas será o 22 de xuño para Competencias Clave de nivel 2 e o 23 de xuño para as Competencias Clave de nivel 3.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal