Rede XIANA

Actualidade

atrás

24.04.2013

O 3 de maio remata o prazo para inscribirse nas acción formativas do proxecto RedeXiana2

As persoas desempregadas da provincia da Coruña poden presentar a súa solicitude nas áreas de emprego ou de servizos sociais do seu concello.

Para poder participar nas accións formativas, ademáis de estar en situación de desemprego haberá que cumprir con uns requisitos mínimos de acceso:
•Estar incrito/a na Oficina de Emprego correspondente e coa tarxeta de demandante de emprego debidamente actualizada.
•Ter cumpridos os 18 anos.
•Estar empadroado/a en algún dos concellos adheridos ao proxecto.
•Cumprir cos requisitos de formación adscritos a cada unha das acción formativas.
•Pertencer a algún dos seguintes colectivos: xóvenes menores de 30 anos; persoas maiores de 45 anos; persoas desempregadas de longa duración; inmigrantes non comunitarios con permiso de traballo; persoas afectadas por algunha minusvalía física, psíquica ou sensorial que non supoña ningún impedimento físicos ou psíquico que lle impida o normal desenvolvemento das acción formativas e da profesión á que vai asociada a formación; persoas sometidas a maltrato físico ou psíquico; persoas en proceso de rehabilitación ou reinserción social tales como ex toxicómanos ou ex reclusos; xóvenes que non superasen a ensinanza obrigatoria; outras persoas calificadas en exclusión social polos solicitantes da axuda de acordo coas certificacions expedidas a tal fin polos correspondentes servizos sociais; outras persoas ou grupos identificados no Plan Nacional de Exclusión Social.

As persoas interesadas poderán entregar ata o 3 de maio a súa solicitude e a documentación correspondente nos respectivos concellos.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal