Rede XIANA

Actualidade

atrás

10.04.2013

Rematan as II Reunións Territoriais da Rede Técnica Municipal do proxecto

Mañá realízase a última destas reunión á que están convocados os responsables municipais do proxecto dos concellos de Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Laxe, Muxía, Zas e Vimianzo.

O persoal técnico dos concellos que forman parte do proxecto e o equipo da

Deputación, participan nas xornadas de traballo que teñen lugar na sede da Unidade de Xestión de Proxectos do Servicio de Planificación, Desenvolvemento Territorial e Unión Europea da entidade provincial.

O obxectivo consiste en organizar as fases de captación, inscrición e selección de alumnado para participar nos itinerarios formativos e de inserción laboral previstos nos distintos concellos da provincia e que darán comezo nesta anualidade 2013.

Dende o 18 de marzo as xornadas desenvolvéronse atendendo ao seguinte calendario:

  DATA DA CONVOCATORIA DOS CONCELLOS POR ZONA
18/03/2013 Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche, Ortigueira, As Somozas
19/03/2013 Ares, Fene, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, Valdoviño
20/03/2013 A Capela, As Pontes, Cabanas, Monfero, Pontedeume, Vilarmaior
21/03/2013 Aranga, Cesuras, Coirós, Irixoa, Miño, Oza dos Ríos, Paderne
02/04/2013 Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral,Culleredo, Oleiros, Sada
01/04/2013 A Laracha, Cabana, Carballo, Coristanco, Malpica, Ponteceso, Santa Comba
03/04/2013 Cerceda, Tordoia, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Trazo, Val do Dubra
04/04/2013 Arzúa, Boimorto, Melide, Toques, Santiso, Curtis, Sobrado, Vilasantar
08/04/2013 A Baña, Ames, Brión, O Pino, Teo, Boqueixón, Touro, Vedra
09/04/2013 A Pobra, Rianxo, Ribeira, Boiro, Porto do Son, Dodro, Padrón, Rois
10/04/2013 Carnota, Lousame, Mazaricos, Muros, Negreira, Noia, Outes
11/04/2013 Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Laxe, Muxía, Zas, Vimianzo

Coa realización destas xornadas comeza a  fase de captación e selección de alumnado, que remata o próximo 16 de maio.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal