Rede XIANA

Actualidade

atrás

08.03.2013

Configurado o mapa provincial de cursos do proxecto RedeXiana2

40 concellos da provincia foron seleccionados pola entidade provincial para impartir nas súas instalacións as 135 accións previstas nos distintos itinerarios formativos do proxecto.

Queda configurada así a distribución territorial da formación que se desenvolverá ao longo das anualidades 2013 e 2014.

O listado definitivo de sedes amosa o resultado dun proceso de selección ao que concorreron 49 concellos.

Dos 40 concellos finalmente seleccionados, 10 precisan iniciar o procedemento na Consellería de Traballo e Benestar para a inscripción e/ou acreditación dos centros e instalacións ofertadas para impartir as accións formativas que figuran no convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña no marco do proxecto RedeXiana2, de conformidade cos certificados de profesionalidade correspondentes.
 
Podes consultar o listado na Área de Descargas do apartado Recursos e Descargas do menú lateral da web ou a través do seguinte enlace:

http://www.redexiana2.eu/index.php?idMenu=21&idIdioma=2

© rede XIANA 2009 |  aviso legal