Rede XIANA

Actualidade

atrás

04.02.2013

A Deputación da Coruña participa nas II Xornadas Iberoamericanas de RRHH e RSC da Universidade da Coruña

Ferrol acolle estas xornadas os días 5, 6 e 7 de febreiro e que terán lugar na Facultade de Ciencias do Traballo baixo a dirección da docente e investigadora María Dolores Sánchez Fernández.

Durante as xornadas, profesionais e especialistas académicos en Responsabilidade Social Empresarial (RSE) e Recursos Humanos (RRHH) procedentes de diferentes países, analizarán os lazos estratéxicos entre ambas temáticas.

Están dirixidas a profesionais da RSE e RRHH, así coma a académicos, estudiantes e persoas interesadas na análise das temáticas relacionadas coa RSE e os RRHH.

A Deputación da Coruña aportará a súa experiencia na aplicación de estratexias de Responsabilidade Social no ámbito local a través da súa participación na Red Retos (Red de Territorios Socialmente Responsables) e no seu modelo de territorios socialmente responsables.

Un modelo que pretende converter á provincia da Coruña nun territorio que base o seu desenvolvemento en termos de sostenibilidade é dicir, que integre nas súas decisións económicas, consideracións sociais e medioambientais, compartir un modelo de valores e un método participativo nos procesos de toma de decisións e favorecer as boas prácticas e unha interacción permanente entre as partes interesadas coa fin de fomentar a innovación e a competitividade.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal