Rede XIANA

Actualidade

atrás

19.12.2012

Selección de instalacións municipais para a realización dos cursos do proxecto RedeXiana2

O pasado luns remataron as visitas de verificación das instalacións que proponen os concellos que optan a ser sede de cursos nas anualidades 2013 e 2014.

O equipo técnico do proxecto percorreu dende o pasado 27 de novembro os  49 concellos que enviaron as súas solicitudes para participar no proceso de selección de sedes para o desenvolvemento das accións formativas do proxecto.

En total visitáronse 71 instalacións municipais e procedeuse a verificar a súa idoneidade de conformidade aos requisitos esixidos para a impartición da formación correspondente.

No caso de que resulten seleccionadas, 135 accións formativas serán desenvolvidas nestas instalacións ao longo das anualidades 2013 e 2014.

Como primeiro  balance deste proceso, destácase:

- Elevada participación na presentación de candidaturas por parte dos concellos das  zonas 1, 7 e 8.

- Dos 49 concellos solicitantes, 30 non desenvolven actualmente accións de formación para persoas desempregadas.

- 23 concellos que presentan candidatura nunca foron sede de acción formativas.

- Dos 19 concellos que presentan candidatura e que desenvolven acción de formación para persoas desempregadas, só 8 contan con accións de formación organizadas e a executar por outras entidades (sindicatos, centros privados, unidades de acción formativa, etc) e 11 teñen formación programada en áreas diferentes ou complementarias.

En canto remate o proceso de baremación por parte do equipo técnico e a elaboración dos correspondentes informes técnicos das diferentes instalacións, publicarase na páxina web do proxecto, o listado definitivo de sedes.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal