Rede XIANA

Actualidade

atrás

28.11.2012

Seminario transnacional de concellos europeos do Proxecto EUNET (European Network on International Relations Policies and Town)

Encontro entre persoal técnico e político dos concellos da provincia da Coruña e persoal técnico de entidades locais de Italia, Alemaña, Suecia, Polonia e Croacia.

A Deputación da Coruña participa como socia no proxecto europeo EUNET (European Network on International Relations Policies and Town), cofinanciado pola Unión Europea no seu programa “Europa para os Cidadáns”.

O proxecto ten como obxectivos principais:

- Concienciar os cargos electos e ao persoal técnico municipal sobre a importancia das relacións internacionais na Unión Europea e o irmandamento de cidades e pobos.
- Fortalecer a participación activa dos actores da sociedade civil en actividades internacionais.
- Facilitar oportunidades para a implicación dos participantes en novos proxectos.
- Mellorar a calidade do quefacer político a nivel local mediante as sinerxias internacionais.

No marco do proxecto a Deputación da Coruña acolle os días do 12 ao 14 de decembro, un Seminario Transnacional no que poderán participar persoal técnico e político dos concellos da provincia relacionados co ámbito dos servizos sociais e xuventude, xunto con 53 persoas de entidades locais de Italia, Alemaña, Suecia, Polonia e Croacia.

O obxectivo é facilitarles aos participantes as ferramentas metodolóxicas e os coñecementos precisos sobre as redes de traballo temáticas, analizarase tamén a Estratexia Europea 2020 e a incidencia das iniciativas emblemáticas en materia social no traballo diario das entidades locais e estudiarase a posibilidade de presentar candidaturas conxuntas entre os países participantes aos programas de financiamento da UE.

Máis información e formulario de inscripción no enderezo http://proxectoseuropeos.dicoruna.es/index.php/eunet

Pódese descargar o Formulario de Inscripción aquí

Tamén pódese contactar no correo-e planificación@dicoruna.es

© rede XIANA 2009 |  aviso legal