Rede XIANA

Actualidade

atrás

16.10.2012

Homologación de cursos do Proxecto RedeXiana2

Asinado o convenio entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña para a acreditación dos cursos asociados a certificados de profesionalidade que se van impartir no marco do proxecto.

http://www.dicoruna.es/dicoruna-noticia/servlet/Noticias?lang=gl&accion=2&ver=19&nid=17831

http://www.dicoruna.es/dicoruna-noticia/servlet/Noticias?lang=gl&accion=2&ver=19&nid=17831

Onte formalizouse o convenio de colaboración entre ambas entidades para que as persoas desempregadas que participen e superen positivamente todos os módulos formativos dos itinerarios de formación previstos no proxecto que van asociados a certificados de profesionalidade, poidan acceder á expedición do mesmo por parte da Xunta de Galicia.

Estes itinerarios formativos son os seguintes:

- “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”, asociado ao certificado de profesionalidade establecido no Real Decreto 1379/2008 do 1 de agosto. 

- “Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión”, “Operacións auxiliares de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios”, “Montaxe e mantemento de redes eléctricas de alta tensión de segunda e terceira categoría e centros de transformación”, asociados aos certificados de profesionalidade establecidos no Real Decreto 683/2011, do 13 de maio.

- “Operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas”, asociado ao certificado de profesionalidade establecido no Real Decreto 1214/2009, do 17 de xullo.

- “Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas”, asociado ao certificiado de profesionalidade establecido no Real Decreto 1381/2008, do 1 de agosto.

- “Montaxe e posta en marcha de bens de equipo e maquinaria industrial”, asociado ao certificado de profesionalidade establecido no Real Decreto 1216/2009, do 17 de xullo.

-“Actividades auxiliares en agricultura”e “Horticultura e floricultura”, asociados aos certificados de profesionalidade establecidos no Real Decreto 1375/2008, do 1 de agosto.

A obtención destes certificados supón unha oportunidade de capacitación e desenvolvemento dunha actividade laboral con significación para o emprego para as máis de  200 persoas desempregadas de municipios de toda a provincia de menos de 50.000 habitantes que poderán participar nas 13 accións formativas previstas no proxecto, que ofrecen esta posibilidade de recoñecemento oficial de conformidade coas Cualificacións Profesionais recollidas no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais no ámbito da Administración Laboral.

O obxectivo final consiste en incrementar a inserción das persoas desempregadas da provincia a través da posta en marcha de mecanismos conxuntos de actuación e colaboración para mellorar a empregabilidade destas persoas e aumentar as súas posibilidades de acceso ao mercado laboral, unha finalidade pola que traballan ambas administracións.

 

 

© rede XIANA 2009 |  aviso legal