Rede XIANA

Actualidade

atrás

20.07.2012

O Proxecto RedeXiana2 comeza a traballar cos concellos

O equipo de Deputación da Coruña mantén encontros de traballo cos responsables municipais dos concellos participantes neste proxecto financiado polo Fondo Social Europeo.

Encontros de traballo RedeXiana2

Encontros de traballo RedeXiana2

Dende o 16 ata o 24 de xullo, Deputación da Coruña, a través da súa Unidade de Xestión de Proxectos, está a organizar encontros de traballo cos responsables municipais dos 91 concellos participantes no Proxecto RedeXiana2.

O obxectivo destes encontros de traballo é proporcionar as principais liñas de actuación, novidades e demais información do Proxecto aos responsables municipais. Estes son o principal nexo de unión co alumnado e co territorio e constitúen un elemento crave na boa execución do Proxecto.

Durante estas xornadas, fíxoselles entrega da guía de xestión para a rede técnica, así como informar acerca dos procedementos de selección de sedes, de captación e selección do alumnado, presentóuselles as novas accións formativas e o sistema de axudas económicas á formación que o Proxecto ofrece.

Co Proxecto RedeXiana2, a Deputación da Coruña reforza o seu compromiso coas persoas desempregadas da provincia e segue apostando pola creación de emprego e por incrementar as posibilidades de inserción das persoas desempregadas nun panorama laboral actual marcado pola forte crise económica e combater así de forma coordinada desde o ámbito local, o crecente problema do desemprego.

O Proxecto RedeXiana2

O Proxecto RedeXiana2 constitúese como un programa de fomento do emprego na provincia da Coruña, para municipios de menos de 50.000 habitantes, dirixido ás persoas desempregadas na busca do primeiro emprego, ou inactivas como consecuencia do abandono do traballo por coidado de fillos e que queiran reincorporarse ao mundo laboral, cunha perspectiva de estabilidade, a partir duns empregos con futuro e dentro dos novos xacementos de emprego.

Está cofinanciado por Deputación da Coruña, Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e o Fondo Social Europeo cun total de 1.865.028,91 €

© rede XIANA 2009 |  aviso legal