Rede XIANA

Actualidade

atrás

28.10.2011

Xornada técnica do Proxecto Rede Xiana

O 4 de novembro, no Pazo de Mariñán realizouse unha xuntanza de traballo da rede técnica do proxecto, da que forman parte todos os concellos da provincia da Coruña de menos de 50.000 habitantes.

A xornada estivo dirixida aos responsables municipais dos concellos adheridos ao proxecto e nela realizáronse un balance dos resultados obtidos ata o momento e puxéronse en común as novas actuacións previstas ata marzo de 2012.

Inaugurou a xornada Diego Calvo Pouso, Presidente da Deputación da Coruña que incidirá no compromiso asumido pola entidade provincial a favor da inserción laboral a través da implementación de proxectos de fomento do emprego.

Ademáis de tratar aspectos de carácter técnico relacionados coa execución do proxecto da man do persoal da Unidade de Xestión de Proxectos da Deputación Provincial, Mª Xesús Budiño Fernández, Subdirectora Xeral de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, explicou o sistema de acreditación oficial das competencias profesionais necesarias para desenvolver unha actividade laboral e acercar os certificados de profesionalidade á realidade do mercado.

Por último presentouse o proxecto RedeXiana2, aprobado polo Ministerio de Política Territorial e Administracións Públicas e que tomará o relevo a REDE XIANA nunha aposta firme da Deputación da Coruña de traballar por reducir os niveis de desemprego nos concellos da provincia e contribuir así a mellorar a calidade de vida da súa poboación.

O programa da xornada pode consultarse no seguinte enlace

 http://www.redexiana.org////adjuntos/cEnlacesDescargas/117_2_xornada.pdf

© rede XIANA 2009 |  aviso legal