Rede XIANA

Actualidade

atrás

01.12.2011

Xestión transparente e de calidade no proxecto RedeXiana2

Certificación de calidade conforme á norma UNE-EN-ISO 9001:2008

O sistema de xestión de calidade conforme á norma UNE-EN-ISO 9001:2008, será a ferramenta a través da que se xestione o proxecto RedeXiana2.

Deste xeito, o novo proxecto mantén o certificado de calidade acadado para as distintas actuacións desenvolvidas dende o proxecto Rede XIANA.

Isto supón sen dúbida, un aval de calidade co que conta a Deputación da Coruña na xestión e execución desta  iniciativa de fomento do emprego no ámbito local, o que  se traduce nunha maior satisfacción da poboación á que vai dirixida e no compromiso e responsabilidade da entidade provincial na utilización eficiente dos recursos públicos.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal