Rede XIANA

Actualidade

atrás

01.05.2012

A Deputación da Coruña inicia o proceso de homologación de accións formativas do proxecto RedeXiana2

Estase a asinar o Convenio de Colaboración entre a Deputación de A Coruña e a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia

Os itinerarios de formación e inserción laboral deseñados e a impartir no marco do proxecto RedeXiana2, pretenden facilitar o conxunto de competencias persoais e profesionais con significación para a inserción, que poderán ser adquiridas tanto mediante formación modular ou por unidades de competencia (formación específica ocupacional básica) ou outros tipos de formación (formación específica ocupacional para a obtención de certificados de nivel 1 e 2), así como a través da experiencia laboral (prácticas profesionais en empresas), e están apoiados nos principios básicos do Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional e nas diferentes especialidades formativas vixentes do Instituto Galego das Cualificacións. 

O Convenio de Colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia conlevará a acreditación da devandita formación a través da expedición dos correspondentes “certificados de profesionalidade” que serán emitidos, logo de cumprir os requisitos previstos para elo, polo órgano competente dentro da Comunidade Autónoma.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal