Rede XIANA

Actualidade

atrás

10.05.2016

Aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos do permiso C e CAP que se van realizar na Coruña e Ferrol

As persoas beneficiarias do proxecto RedeXiana2 recibirán a formación para a obtención do permiso C e o certificado de aptitude profesional (CAP)


Co obxectivo de mellorar o seu perfil profesional de cara ó acceso as actividades de transporte e loxística, iniciase o periodo de inscripción  para a obtención do permiso de condución C,  e no permiso CAP de transporte de mercadurías. Contarán cunha formación teórica de 130 horas e unha formación práctica de 190, e realizaranse en Ferrol e na Coruña. Beneficiaranse destes cursos un máximo de 54 persoas.

 Todos aqueles interesados poderán acudir ao responsable municipal do seu Concello e inscribirse. Terán preferencia todas aquelas persoas que foran beneficiarias do proxecto RedeXiana e será requisito indespensable posuir o permiso B de conducir.

  


 

 

© rede XIANA 2009 |  aviso legal