Rede XIANA

Actualidade

atrás

04.05.2016

Comezo do curso para a obtención do carnet B en Ferrol

18 persoas obterán o permiso de conducir grazas ao Proxecto RedeXiana2

Unha nova edición do carnet B deu comezo o día 3 de maio na autoescola Ruta 24-COFEPA de Ferrol. Os beneficiarios son das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, así como de concellos das Mariñas. Esta acción enmarcase dentro do obxectivo da mellora e capacitación dos participantes no  proxecto. Esta formación contará con clases teóricas e prácticas, asi como acceso a unha plataforma con datos individuais de seguemento por parte dos docentes, para a preparación individual de cara o exame.  Hoxe en día o permiso de conducción B é un requisito básico para o acceso a gran maioria de empregos no mercado laboral. A maiores, inclue formación nos módulos de promoción e igualdade, sensibilización ambiental, primeiros auxilios, seguridade e economía da conducción, etc...

© rede XIANA 2009 |  aviso legal