Rede XIANA

Actualidade

atrás

15.04.2016

Terceiras Xornadas de TCAE e TAPSD . "Humanización dos coidados" organizadas polo IES Leixa de Ferrol

Celébrase o 12 de Maio de 2016 no Pazo da Cultura de Narón a 3ªXornada de Técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermaría e Técnicos en Atención a Persoas en Situación de Dependencia. Humanización dos coidados, baixo o título "Humanizando coidados"

Os departamentos de Sanidade e Servizos Socioculturais e á Comunidade, en colaboración con varias entidades públicas e privadas do sector sociosanitario, así como con outros centros educativos además do Concello de Ferrol e o de Narón, está de novo a organizar un encontro entre profesionais, docentes e estudantes destas especialidades para intercambiar experiencias actualizadas e mellorar a formación e competencia profesional.   

"Ciruxía do Corazón: do tabú ao traballo ben feito" por Francisco Portela Torrón, Xefe do Servizo de Cirurxía Cardíaca Infantil do CHUAC abre unha serie de coloquios e mesas redondas.  

A inscrición custa 5 Euros para os profesionais e é de balde para os estudantes.

Para mais información, acudir á páxina web do centro www.iesleixa.es 

© rede XIANA 2009 |  aviso legal