Rede XIANA

Actualidade

atrás

21.03.2016

RedeXiana 2 colabora co proxecto ERN4mob – European Rural Europe for Job Mobility

RedeXiana 2 presentase na xornada organizada polo Concello de Vimianzo no marco do proxecto "ERN4mob – European Rural Europe for Job Mobility"

O proxecto RedeXiana2 da Deputación Provincial da Coruña presentouse coma oportunidade que  contempla o obxectivo de abordar a inserción laboral das persoas en situación de desemprego de cara á creación de empregos e servizos de proximidade en concellos de menos de 50.000 habitantes, ao tempo que prepara ás persoas desempregadas en competencias facilitadoras da mobilidade e acreditadas como tais para todo o territorio europeo.

A Xornada de portas abertas "Afrontar a inmigración, a emigración e a exclusión social asociada ás comunidades rurais europeas" celebrouse o 17 de marzo de 2016 no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo de 9.00 a 19.00h.

A Xornada pretende reflexionar sobre a realidade actual en diferentes comunidades rurais europeas e sobre o impacto da crise económica, que produce distintos niveis de desenvolvemento e de oportunidades, xenerando desprazamentos humanos; tamén dar respostas prácticas a cuestiones relacionadas coa mobilidade europea nun territorio como Vimianzo, caracterizado pola emigración (principalmente por razóns laborais e económicas).

© rede XIANA 2009 |  aviso legal