Rede XIANA

Actualidade

atrás

21.03.2016

Xa está en marcha o curso de Actividades Auxiliares en Agricultura no concello de Touro

A acción formativa deu comezo o pasado xoves e nel participan persoas desempregadas dos concellos de Touro, O Pino e Boqueixón

O curso ten unha duración de 570 horas. As 330 horas de formación teórica específica serán impartidas na Casa da Cultura do concello de Touro así coma na nave que o propio concello pon a disposición da acción.

A  formación tamén inclúe un módulo complementario de 30 horas de comercialización e venta electrónica, así como 200 horas de prácticas profesionais non laborais en entidades e empresas da provincia relacionadas co sector agrario, coas que a Deputación da Coruña asinará acordos de colaboración.

 

 Unha vez completada a formación e realizados os trámites necesarios, o alumnado recibirá a titulación correspondente que o habilitará para a obtención do certificado de profesionalidade correspondente á especialidade de Actividades Auxiliares en Agricultura, unha titulación oficial recoñecida en todo o territorio nacional e que lle servirá para ampliar as súas oportunidades laborais. 

 

© rede XIANA 2009 |  aviso legal