Rede XIANA

Actualidade

atrás

09.03.2016

Entrega de diplomas en Cerdido

As 18 alumnas que participaron no curso de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais que se realizou en Cerdido, recibiron o diploma correspondente a esta especialidade

O acto tivo lugar na Escola de Avispeira, asistiron o alcalde Benigno Galego,  o responsable do proxecto no concello Diego Rodríguez, persoal da Deputación da Coruña e da empresa de formación.

O curso tivo unha duración total de 600 horas, das cales 200 foron prácticas en entidades e empresas de referencia no sector de atención a persoas das  comarcas de Ferrol e Ortegal. 

Estas 18 mulleres obterán o certificado de profesionalidade na especialidade de Atención a Persoas Dependentes en Institucións Sociais, unha titulación con recoñecemento oficial que as habilita para traballar no ámbito de atención a persoas, tanto en  institucións coma no domicilio

Así a través do proxecto e grazas ao convenio asinado entre a Deputación da Coruña e  Xunta de Galicia, disporán dunha formación que acredite de xeito oficial a súa capacitación para acceder en mellores condicións ao mercado laboral sociosanitario , incrementando notablemente as súas opcións de atopar un emprego de calidade.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal