Rede XIANA

Actualidade

atrás

03.03.2016

Entrega de Diplomas en Trazo

Esta mañá, tivo lugar a entrega de diplomas da acción formativa de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais realizada no concello de Trazo

 
No acto celebrado esta maña na sede do Concello de Trazo, coa presenza do alcalde de Trazo, o equipo técnico do proxecto RedeXiana2, e a empresa responsable da formación para a inserción, procedeuse á entrega de diplomas de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais.

Estiveron na entrega 16 alumnas que superaron a formación teórica e práctica en empresas e servicios xeriátricos da provincia dun total de 18. Na actualidade, 11 delas están traballando en empresas do sector de actividade sociosanitaria.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal