Rede XIANA

Actualidade

atrás

10.02.2016

Os cursos de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais realizados nos concellos de Trazo e Cerdido, lideran ata o momento os niveis de inserción acadados no proxecto.

Ambos cursos supuxeron un éxito de participación na súa mayoría de mulleres desempregadas de entre 25 e 45 anos.

Das 36 persoas participantes nas accións formativas, 34 obterán o certificado de profesionalidade correspondente a esta especialidade. A tasa de abandono foi mínima, situándose tan só en 2 persoas que non chegaron a completar a acción formativa.

Os cursos tiveron unha duración total de 600 horas, das cales 200 foron prácticas en entidades e empresas de referencia no sector de atención a persoas: GERIATROS (CARBALLO, NARÓN E SANTIAGO), RESIDENCIA PARA MAIORES O CASÓN, INSTITUTO GERONTOLÓGICO ASTUR, ASOCIACIÓN APADER, RESIDENCIA DE ANCIÁNS DOLORES DÍAZ DÁVILA, RESIDENCIA PARA MAIORES SERVISENIOR, QUAVITAE SERVICIOS ASISTENCIAIS, IBS PADRE RUBINOS.

Ata o momento e con procesos de selección de persoal aínda abertos por parte de diferentes entidades,  o nivel de inserción das persoas formadas a través do proxecto é do 33,33%.  Unha porcentaxe que sin dúbida aumentará tendo en conta a grande demanda actual neste sector e a alta cualificación acadada polas alumnas.

Por agora e á falta de datos definitivos, un 27, 47% do alumnado acadou un contrato laboral na entidade na que realizou as prácticas profesionais de Rede Xiana2. Dos 10 centros de traballo que participaron no programa de prácticas profesionais dos cursos de atención a persoas do proxecto,  6 convertéronse en empregadores:

ENTIDADE

ALUMNAS CONTRATADAS

QUAVITAE SERVIZOS ASISTENCIAIS

1

RESIDENCIA PARA MAIORES SERVISENIOR SANTIAGO

1

GERIATROS SANTIAGO

4

GERIATROS NARÓN

1

GERIATROS CARBALLO

2

IBS PADRE RUBINOS

1

 

10

*O resto das insercións foron en outras entidades en un caso en concreto, por autoemprego

Ao longo do mes de febreiro, comezará o período de prácticas do curso da mesma especialidade que se está desenvolvendo no concello de Zas.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal