Rede XIANA

Actualidade

atrás

10.02.2016

Aberto ata o 15 de febreiro o prazo de inscrición para o curso de Actividades Auxiliares en Agricultura que se vai realizar no concello de Touro

O curso vai dirixido a persoas desempregadas da provincia que posúan o certificado de escolaridade ou equivalente.

A acción formativa vaise realizar no concello de Touro e ten unha duración total de 570 horas  (330 horas de formación teórica, 40 horas de orientación laboral e 200 horas de formación práctica en entidades e empresa da provincia relacionadas co sector agrario).

 Os contidos son os seguintes:

UC0517_1 Realizar operacións auxiliares para a preparación do terreo, sembra e plantación de cultivos agrícolas.
UC0518_1 Realizar operacións auxiliares para o rego, abonado e aplicación de tratamentos en cultivos agrícolas.
UC0519_1 Realizar operacións auxiliares nos coidados culturais ede recolección de cultivos e no mantemento das instalacións en explotaciones agrícolas.

Trátase dunha acción conveniada coa Consellería de Traballo e Benestar a través da cal as persoas que rematen axeitadamente a formación terán acceso ao certificado de profesionalidade correspondente ao NIVEL 1 de cualificación.

Ás persoas interesadas en participar esixiráselle o certificado de escolaridade ou equivalente e non se lles esixirán outros requisitos académicos nin profesionais.

As persoas que queiran inscribirse deberán acudir ás áreas de emprego, desenvolvemento local ou servizos sociais do concello no que estén empadroadas e alí recibirán información ao detalle do curso, requisitos de acceso e documentación a entregar.

Máis información en:

Proxecto RedeXiana2 Deputación da Coruña
981 080 506
981 080 507
981 080 508
redexiana2@dicoruna.es

© rede XIANA 2009 |  aviso legal