Rede XIANA

Actualidade

atrás

25.01.2016

Recoñecemento á xestión do proxecto

A Axencia Española de Normalización e Certificación (AENOR) avala un ano máis a xestión transparente e de calidade que se vén realizando na execución do proxecto por parte da Deputación da Coruña

O pasado 19 de xaneiro AENOR realizou a auditoría anual de seguemento do Sistema de Xestión de Calidade correspondente á anualidade 2015.

Este sistema é a ferramenta utilizada pola entidade provincial para a xestión de Rede Xiana 2 e cuxo obxectivo consiste en prestar uns servizos públicos de calidade, facer un uso axeitado e transparente dos recursos e obter o maior grao de satisfacción posible das persoas participantes no proxecto.

O sistema cumpre cos requisitos da norma internacional UNE- EN- ISO 9001:2008 e é AENOR a que cada ano se encarga de velar deste cumprimento e dos compromisos asumidos polo proxecto en materia de calidade.

Os resultados da auditoría foron moi satisfactorios e a Deputación obtivo unha avaliación conforme na que AENOR destaca sobre todo os esforzos realizados na homologación da formación impartida, o traballo en rede cos concellos da provincia e a implicación do tecido empresarial provincial no programa de prácticas profesionais do proxecto.

 

 

© rede XIANA 2009 |  aviso legal