Rede XIANA

Actualidade

atrás

05.11.2015

Comezou en Zas o curso de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais

18 persoas desempregadas dos concellos de Zas, Vimianzo, Laxe, Muxía e Camariñas iniciarion hoxe a fase de formación teórica.

A acción formativa desenvólvese no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade do concello de Zas e ten unha duración de 600 horas de formación teórico- práctica que inclúe un programa de 200 horas de prácticas profesionais en entidades e empresas do sector coas que a Deputación da Coruña xa ten asinado os acordos de colaboración.


Unha vez rematada a acción formativa, as persoas participantes poderán obter o certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais, na área profesional de atención social.

Ademáis da formación propiamente dita, o alumnado contará cunha orientación laboral persoalizada acorde ás súas necesidades e posibilidades de inserción laboral.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal