Rede XIANA

Actualidade

atrás

11.09.2015

Curso de Comercialización e Venta Electrónica, prazo de inscrición aberto ata o 22 de setembro

A acción formativa realizarase no Edificio de Usos Múltiples do concello de Curtis

Trátase de formación complementaria do proxecto Rede Xiana2 e ten unha duración total de 30 horas que se desenvolverán dende o 28 de setembro ata o 2 de outubro.

O prazo de inscrición é dende hoxe venres 11 de setembro ata o martes 22 de setembro.

As persoas que queiran inscribirse deberán acudir ás áreas de emprego, desenvolvemento local ou servizos sociais do concello no que estén empadroadas e alí recibirán información ao detalle do curso, requisitos de acceso e documentación a entregar.

Máis información en:
Proxecto RedeXiana2 Deputación da Coruña
981 080 506981 080 507981 080 508
redexiana2@dicoruna.es

© rede XIANA 2009 |  aviso legal