Rede XIANA

Actualidade

atrás

11.09.2015

Aberto ata o 30 de setembro, o prazo de inscrición para o curso de Actividades Auxiliares en Agricultura de Touro.

Xa se realizaron outras dúas edicións da mesma especialidade en Boimorto e San Sadurniño.Poden participar persoas desempregadas da provincia que cumpran cos requisitos de acceso

A acción formativa vaise realizar no concello de Touro e ten unha duración total de 570 horas(330 horas de formación teórica, 40 horas de orientación laboral e 200 horas de formación práctica en entidades e empresa da provincia relacionadas co sector agrario).

Os contidos son os seguintes:

UC0517_1 Realizar operacións auxiliares para a preparación do terreo, sembra e plantación de cultivos agrícolas.
UC0518_1 Realizar operacións auxiliares para o rego, abonado e aplicación de tratamentos en cultivos agrícolas.
UC0519_1 Realizar operacións auxiliares nos coidados culturais ede recolección de cultivos e no mantemento das instalacións en explotaciones agrícolas.

Trátase dunha acción conveniada coa Consellería de Traballo e Benestar a través da cal as persoas que rematen axeitadamente a formación terán acceso ao certificado de profesionalidade correspondente ao NIVEL 1 de cualificación.

Ás persoas interesadas en participar esixiráselle o certificado de escolaridade ou equivalente e non se lles esixirán outros requisitos académicos nin profesionais.

O prazo está aberto ata o 30 de setembro. As persoas que queiran inscribirse deberán acudir ás áreas de emprego, desenvolvemento local ou servizos sociais do concello no que estén empadroadas e alí recibirán información ao detalle do curso, requisitos de acceso e documentación a entregar.

Máis información en:
Proxecto RedeXiana2 Deputación da Coruña981 080 506981 080 507981 080 508redexiana2@dicoruna.es

© rede XIANA 2009 |  aviso legal