Rede XIANA

Actualidade

atrás

13.08.2015

Programa de incentivos á contratación das persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social

Os incentivos están dirixidos a fomentar a contratación temporal daqueles traballadores e traballadoras que presentan dificultades ou desvantaxes particulares para acceder e permanecer no mercado de traballo.

Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación a todas as modalidades contractuais de carácter temporal, a tempo completo ou a tempo parcial, agás o contrato temporal para a formación e aprendizaxe, que se realicen con persoas desempregadas pertencentes algún dos colectivos relacionados na orde orden do 29 de xullo, DOG nº 151 do martes 11 de agosto.

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións de carácter temporal realizadas desde o 1 de outubro de 2014 ata o 30 de setembro de 2015 formalizadas con persoas desempregadas pertencentes a algún dos colectivos en risco de exclusión social.
O contrato temporal deberá ter unha duración mínima de 6 meses.
As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Mais información

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150811/AnuncioCA05-030815-0010_gl.html

© rede XIANA 2009 |  aviso legal