Rede XIANA

Actualidade

atrás

12.08.2015

Obtención dos permisos de condución B, C, E e CAP Transporte de Mercadurías

As persoas beneficiarias do proxecto RedeXiana2 están a recibir a formación para a obtención do permiso B e o certificado de aptitude profesional (CAP)

Co obxectivo de mellorar o seu perfil profesional de cara ó acceso as actividades de transporte e loxística, este alumnado e de acordo o seu itinerario personalizado, prepáranse tamén para a obtención do permiso de condución C, participando na formación inicial acelerada CAP transporte de mercadurías que conta con 130 horas teóricas e 10 horas prácticas.

O alumnado que xa obtivera o permiso C antes de setembro do 2009, participa na formación continua ou de renovación, que deben facer todos os condutores profesionais cada cinco años durante toda a súa vida profesional, preparándose tamén para a obtención do permiso E.

O CAP é requirido con carácter obrigatorio para o transporte de mercadurías, sen o que non poderían realizar a actividade profesional do transporte.

Ofrécese tamén a oportunidade, as persoas que remataran accións de formación específica, de obter o permiso B, recurso necesario hoxe en día e ferramenta básica para poder participar no mercado laboral e acceder ás oportunidades de mellora da empregabilidade cando se reside no medio rural.

Estes cursos son presenciais e de obrigada asistencia, configurados nos itinerarios de Redexiana 2 como formación complementaria.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal