Rede XIANA

Asesoramento Laboral

Os equipos de traballo RedeXiana2 (equipo técnico, responsables municipais, coordinadores de formación, docentes, titores) son o garante do coñecemento das caracteristicas dos colectivos prioritarios, e a súa experiencia en orientación profesional, alternativas de formación, recursos locais e vías de creación de emprego así como en metodoloxías innovadoras de inserción facilitan a execución das actuacións do proxecto, o intercambio de experiencias e as boas prácticas en formación para o emprego e a inserción laboral.

Partido entón da base dunha situación e realidade social e laboral diferente en cada persoa, ofértanse dende o proxecto os itinerarios formativos coa inclusión de titorías individuais de orientación, sesións colectivas de información e formación, prácticas non laborais en empresa, titorías de emprendeduría e de creación de empresa e titorías de mantemento do emprego.

Titorías individuais. Cada persoa participante e o seu axente titor, quen realizará unha labor de orientación, traballarán sobre a elección mais axeitada para poñer en valor o historial laboral persoal.

Sesión colectivas para o seguimento e apoio persoal. Serán o marco elixido para informar sobre unha determinada ocupación e/ou o desenvolvemento do posto de traballo, oportunidades do mercado, guías de empresas existentes, criterios de selección de posibles empregadores/as, outros plans, programas e proxectos de formación, prestacións, servicios, infraestructuras dispoñibles, outros equipos técnicos e profesionais de apoio, convocatorias de probas para competencias clave, probas para carnés/tarxetas profesionais, ou calquera outra información que se estime de utilidade.

Titorías de emprendeduría e de creación de empresa. Incorpórase  tamén aos itinerarios unha oferta informativa e formativa de accións que capacitan para o desempeño de actividades empresariais e por conta propia en calquera das modalidades vixentes.

Accións de apoio para o mantemento do emprego. Aseguran a flexibilidade e polivalencia das persoas incorporadas a un posto de traballo de xeito que sexan capaces dunha adaptación continua e permanente aos requirimentos do mesmo.
 

© rede XIANA 2009 |  aviso legal